luns, 25 de maio de 2015

Curso de Monitor de comedor escolar en Santiago de Compostela


PDFImprimir
monitorcomedorCruz Vermella de Santiago de Compostela convoca un curso de Monitor de comedor escolar.Datas: do 8 ao 15 de xuño de 2015
Lugar: Santiago de Compostela
Duración: 30 horas
Prezo: 100 €. 10% de desconto para desempregados, estudantes, socios ou voluntarios. 20% de desconto para desempregados de máis de 3 meses.

Máis información na Cruz Vermella de Santiago de Compostela, Av. Lugo s/n. Teléfono: 981 586 969 e en http://formacion.cruzvermella.org/curso/monitor-comedor-junio/

luns, 18 de maio de 2015

V Encontro de Artistas Novos

A Cidade da Cultura de Galicia convértese por quinto ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais. Será no V Encontro de Artistas Novos que se celebrará na Biblioteca e Arquivo de Galicia do 7 ao 11 de setembro de 2015.

 Coordinado por Rafael Doctor, o Encontro de Artistas Novos ‘Cidade da Cultura’ busca favorecer a convivencia entre artistas emerxentes galegos e procedentes doutros lugares, ademais de poñer en contacto aos participantes con outros axentes do sector como críticos, comisarios ou art followers. Unha edición máis, o Encontro traerá ao Gaiás artistas e creadores xa consolidados para compartir as súas experiencias e reflexións ao redor da arte: Menchu Lamas,Ana Laura AláezDamián UciedaEnrique Marty e Aitor Saraiba, ademais de críticos de arte, xornalistas e comisarios que desenvolverán o labor de 'art followers'. 
No Foro Aberto, cada un dos participantes terá a posibilidade de realizar unha presentación pública centrada no seu traballo e proxecto creativo persoal, servindo de plataforma e escaparate das súas creacións. A maiores, a Cidade da Cultura abre a posibilidade de que algúns dos participantes sexan elixidos para realizar unha intervención artística nas Torres Hejduk do complexo, convertindo esta infraestrutura nun lugar dedicado á arte e á creatividade.

Certame galego de Creadores Novos, Xuventude Crea 2015


A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias e moda
Se queres participar, aquí podes revisar as bases do certame

xuventudecrea2015

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 30 de xuño de 2015.



A quen vai dirixido?


Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2015.
Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.

venres, 8 de maio de 2015

Esopías 2015



Fixemos entrega dos premios ás mellores Esopías deste ano. A decisión foi moi complicada debido tanto á gran participación como á calidade dos traballos presentados.
Próximamente presentaremos unha escolma das esopías. Polo momento, velaquí os gañadores:
1º premio (1º ciclo): Laura Villanueva Hermida (2ºB)
1º premio (2º ciclo e bacharelato): Alberto García Fernández (1º bacharelato A), Alesandra I. Bazán Casanova (4ºB)
2º premio (1º ciclo): Nerea González Villar (2ºB), Natalia Mato Fernández (2ºB)
2º premio (2º ciclo+bacharelato): Mariña Castro Fontao (4ºB)

Como vivimos en Silleda?




                                            Producido por Ana Colmeiro, alumna de 1º bacherelato.