luns, 27 de abril de 2015

XXVIII Certame Mozos Investigadores

O Instituto da Xuventude (INJUVE) convoca os premios do XXVIII Certame "Mozos Investigadores" para 2015, dirixido a estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional e membros de asociacións xuvenís.
A finalidade deste certame é promover a investigación nos centros docentes e/ou asociacións xuvenís mediante a concesión de premios a traballos de investigación básica ou aplicada ou de deseño de prototipos, relacionados con calquera das áreas do currículo de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.
Información

xoves, 23 de abril de 2015

VOLUNTARIADO CULTURAL: VOLUNTARIADO NAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA


En imaxes
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a Secretaría Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Bibliotecas, poñen en marcha esta iniciativa co obxectivo de responder a unha demanda social e incorporar voluntarios/as á rede de bibliotecas públicas de Galicia.
Este programa pretende que as bibliotecas poidan prestar con máis eficacia a súa función de formar, informar e de acceso a cultura e o lecer dos cidadáns en igualdade de oportunidades por medio de procesos áxiles e innovadores capaces de brindar servizos de calidade que se acomoden ás necesidades dos usuarios e da comunidade á que serven.

Os voluntarios realizarán fundamentalmente as seguintes tarefas:

.Apoio á difusión e promoción das bibliotecas públicas
.Apoio na formación en competencias informacionais 
.Apoio na posta en práctica de proxectos e animación lectora e sociocultural
. Apoio na realización de actividades culturais ou artísticas 
. Apoio ao aprendizaxe doutras linguas
.Outras

Perfil da persoa voluntaria
•Persoas con ideas de animación sociocultural e de promoción da lectura, preferiblemente con experiencia no trato con adultos e/ou con nenos e nenas.

•Persoas con coñecementos de informática que saiban transmitilos a adultos para contribuír a salvar a fenda dixital dos sectores da poboación menos favorecidos. 

•Persoas que teñan algún dominio dun arte, dun oficio, dunha profesión, dunha experiencia vital interesante ou dunha afección que queiran compartila e transmitila.

As persoas que queiran prestar accións de voluntariado con este colectivo poderán colaborar nas seguintes Bibliotecas xestionadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

-Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
R/Miguel González Garcés nº1
15008 A Coruña
Tlf:981170218. 
-Biblioteca Pública de Lugo 
Avda. Ramón Ferreiro, s/n
27002 Lugo
Tlf:982228525. 
-Biblioteca Pública de Ourense 
Concello, 11
32003 Ourense
Tlf:988210700 
-Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Alfonso XIII, 3
36002 Pontevedra
Tlf: 986850838 
-Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal
Avda. de Xoán XXIII s/n
15704 Santiago de Compostela
Tlf: 881999401
-Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Joaquín Yáñez, 6
36202 Vigo
Tlf: 986229074

Para máis información

Concurso de iniciativas cooperativas


cooperativismoA Consellería de Traballo e Benestar a través do Consello Galego de Cooperativas convoca un concurso de iniciativas cooperativas.
A finalidade deste concurso é estimular e apoiar os axentes que interveñen nos procesos de xeración de proxectos empresariais, en especial nos proxectos ligados ao ámbito local, para que no seu labor de persoal técnico no asesoramento e impulso de proxectos fomenten o cooperativismo como fórmula de desenvolvemento local en Galicia.

Participantes:
Poderán participar neste concurso as persoas pertencentes a colectivos tales como axentes de desenvolvemento local, de extensión pesqueira, de extensión agraria, técnicos e técnicas de emprego, de grupos de acción local, das oficinas de fomento cooperativo e da Rede Eusumo, das asociacións de cooperativas, das consellerías do Medio Rural e do Mar e de Traballo e Benestar, orientadores e orientadoras educativos e laborais, así como persoas asesoras e consultoras de cooperativas. Así mesmo, o concurso estará aberto a todas as persoas, maiores de idade e de calquera nacionalidade, impulsoras de proxectos empresariais cooperativos.
Poderán presentarse proxectos individuais ou colectivos. Cada persoa poderá participar nun só proxecto individual e/ou nun só proxecto colectivo.

Premio:
Premio á mellor iniciativa cooperativa, que conta cunha dotación económica de 5.000 €.

O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o día 15 de maio de 2015.
Pódese tramitar en https://sede.xunta.es no procedemento TR802P
Máis información no DOG do 22 de abril de 2015 e en www.cooperativasdegalicia.com

luns, 20 de abril de 2015

Campus de Profundización Científica para estudantes de 4º de ESO

campusprofundizacioncientificaO Ministerio de Educación convoca 80 axudas para participar no ano 2015, no Programa Campus de afondamento científico para estudantes de secundaria en Soria, durante o mes de xullo de 2015.
Datas:
O Campus de afondamento científico realizarase no IES «Virgen del Espino» de Soria, sendo aloxados os alumnos na residencia «Escuela Hogar Madre de las Mercedes» en Soria.
O Campus desenvolverase en dúas quendas, de 40 alumnos cada un, que terán lugar nas seguintes datas:
1ª quenda: Do 6 ao 16 de xullo de 2015.
2ª quenda: Do 17 ao 27 de xullo de 2015.

Requisitos:
a) Alumnos que no curso escolar 2014/2015 estean a cursar ensinanzas de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria, en centros educativos españois sostidos con fondos públicos
b) Que obtivesen unha nota media no curso escolar 2013/2014 superior ou igual aos 9,0 puntos.
c) Que durante o curso 2014/2015, estean a cursar as seguintes materias: Matemáticas B, Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía.

A axuda cobre os gastos de matrícula no curso, materiais, actividades, aloxamento, asistencia de monitores e manutención dos alumnos que contarán, así mesmo, cun seguro que cubra as continxencias de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento do Campus.
O traslado dos alumnos dende os seus lugares de orixe ata o Campus asignado, así como dende este ata os seus domicilios será por conta dos alumnos.

A Real Sociedade Española de Física será a encargada da organización e coordinación das actividades que se desenvolvan.

Solicitudes:
https://sede.educacion.gob.es, sección "Trámites y Servicios"

prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2015.
Máis información no BOE do 16 de abril de 2015 e en https://rsef.es/

A mellor playlist da música actual.

Éxitos by Andrés Cangas on Grooveshark

martes, 14 de abril de 2015

Concurso REAJ : 'Mes da Terra'



Periodo de inscripción

Do 25/3/2015 ao 22/4/2015


Información

Co motivo do Día da Terra que se celebrará o vindeiro 22 de abril, a Rede de Albergues Xuvenís de España convoca un concurso sostible co que se poderá conseguir unha fin de semana para 2 personas en calquera albergue REAJ de España e cinco paquetes compostos por dous Carnés de Alberguista.

Para participar, tes dúas opcións:
  • Seguir á conta de Twitter de REAJ, @alberguesREAJ, e contar que fas para mellorar o medio ambiente añadindo o hashtag #ReajTierra + a mención a @alberguesREAJ.
  • Comentar directamente dende a súa web a través do formulario habilitado e responder á mesma pregunta.

Con todos os comentarios elaborarase un documento verde que recollerá todas as boas prácticas propostas polos participantes. Este documento publicarase para difundir hábitos de vida máis sostibles e faranse chegar ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Logo REAJ sostenibilidad

Convoca

Rede Española de Albergues Xuvenís, REAJ


Dotación

Unha fin de semana para 2 personas en calquera albergue REAJ de España e cinco paquetes compostos por dous Carnés de Alberguista.


Máis información