xoves, 23 de abril de 2015

Concurso de iniciativas cooperativas


cooperativismoA Consellería de Traballo e Benestar a través do Consello Galego de Cooperativas convoca un concurso de iniciativas cooperativas.
A finalidade deste concurso é estimular e apoiar os axentes que interveñen nos procesos de xeración de proxectos empresariais, en especial nos proxectos ligados ao ámbito local, para que no seu labor de persoal técnico no asesoramento e impulso de proxectos fomenten o cooperativismo como fórmula de desenvolvemento local en Galicia.

Participantes:
Poderán participar neste concurso as persoas pertencentes a colectivos tales como axentes de desenvolvemento local, de extensión pesqueira, de extensión agraria, técnicos e técnicas de emprego, de grupos de acción local, das oficinas de fomento cooperativo e da Rede Eusumo, das asociacións de cooperativas, das consellerías do Medio Rural e do Mar e de Traballo e Benestar, orientadores e orientadoras educativos e laborais, así como persoas asesoras e consultoras de cooperativas. Así mesmo, o concurso estará aberto a todas as persoas, maiores de idade e de calquera nacionalidade, impulsoras de proxectos empresariais cooperativos.
Poderán presentarse proxectos individuais ou colectivos. Cada persoa poderá participar nun só proxecto individual e/ou nun só proxecto colectivo.

Premio:
Premio á mellor iniciativa cooperativa, que conta cunha dotación económica de 5.000 €.

O prazo de presentación dos traballos estará aberto ata o día 15 de maio de 2015.
Pódese tramitar en https://sede.xunta.es no procedemento TR802P
Máis información no DOG do 22 de abril de 2015 e en www.cooperativasdegalicia.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario