domingo, 8 de febreiro de 2015

¡Estamos de entroido!

O pasado sábado 7 de Febreiro xa comezamos co Entroido na nosa querida Lamela!
Os nosos nenos e maiores desfrutaron dunha gran xornada carnavalesca comezada ás catro co inicio do desfile de Entroido. Ademais, ás seis, tivo lugar o Encontro de Campesiños e o Alto dos Xenerais.
Á noite, todos os presentes puideron disfrutar dun gran baile de disfraces con premios.

¡Pero isto só acaba de comezar, pois o vindeiro 13 de Febreiro continuaremos coa festa en Silleda, Parada, Bandeira e Lamela que festexarán o entroido con diversos actos lúdicos!
Pero, como decidirse? pois para iso vos achegamos sen demora unhas pequenas pinceladas dos acontecementos de cada lugar.

O venres 13, comezará o Entroido en Silleda coa Comida-Baile de Entroido para os nosos maiores que terá lugar no Restaorante Coteliño a partires das dúas da tarde.
Pero, tranquilos, non nos olvidamos dos cativos, pois o sábado 14, ás cinco da tarde o Pabellón Municipal César González acollerá unha divertida festa infantil de Entroido,  con animación, xogos, sorteo de regalos para os asistentes e por suposto... a merenda gratis que non falte!



O 14 de Febreiro, na parroquia de Parada, celebrarase o Entroido cun gran baile de máscaras que terá lugar no Local Social. Os asistentes a este evento poderán disfrutar a partir das dez da noite dunha gran velada onde ademáis haberá degustación de postres típicos de Entroido elavorados polos veciños, acompañados dunha gran chocolatada. Como perdérnolo?


Por se fose pouco, O venres 13, a partir das oito da tarde terá lugar `A Gran Vellada´ co actor fiolleiro, que sairá dende a praza da feira e percorrerá a rúa Ramón de Valenzuela e a N-525. Vendendo ao seu paso filloas, chourizos e viño.
O sábado 14, a partir das doce e media dará comezo a presentación dos cabezudos da Bandeira, que percorrerá o mesmo itinerario da Gran Vellada.
Os cabezudos estarán acompañados durante o seu percorrido pola músia dos homes sen medo.
Pola tarde, ás catro, terá lugar o non pouco coñecido Desfile de Disfraces, que ás cinco, dará paso ao inicio do Alto Infantil, que levarán a cabo cativos do colexio local.
Acto seguido, terá lugar o Alto dos Xenerais.
E xa á noitiña, a partir das dez, o Pabellón da Bandeira acollerá unha gran velada musical a cargo dos duos Azahar e Manhatann.

E, finalmente, o Luns 16, a partires das cinco os máis pequenos poderán disfrutar no Centro Cultural Vista Alegre dunha gran festa infantil.

Esperamos que vos servise de axuda, e agora, felices festas!

mércores, 4 de febreiro de 2015

III Certame de banda deseñada “AXI”

Comic
O IES Arcebispo Xelmírez e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan o terceiro certame de banda deseñada “AXI”, no que participan os departamentos de debuxo, artes plásticas e imaxe, ademais do equipo de dinamización da lingua galega e a biblioteca do centro.
A través deste concurso, aberto á participación de estudantes de ensinanza secundaria, bacharelato e ciclos formativos de toda a comunidade autónoma galega, procurase o fomento do noso idioma e da creatividade entre o alumnado galego a través da banda deseñada.

II Concurso "Proxecta - Innovación Educativa"

2015concursoproyectaA Plataforma Proyecta, desenvolvida pola Fundación Amancio Ortega Gaona e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, convoca o II Concurso "Proyecta - Innovación Educativa" do curso 2014-2015.

O obxectivo é promover a renovación dos métodos de traballo que se utilizan actualmente nas aulas de ensino preuniversitario do sistema educativo en Galicia. Para iso, o Concurso Proyecta premiará proxectos educativos que impulsen a innovación e para cuxa implantación sexa necesaria a utilización das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación).

Poderá participar no concurso calquera centro escolar de Galicia (incluída os de Educación Especial) que imparta todas ou algunha das etapas educativas preuniversitarias

O prazo de inscrición é ata o 17 de abril de 2015.

A ciencia é cousa de rapazas

2015lacienciaescosadechica

O concurso fotográfico "Que significa para ti a ciencia?" terá lugar entre o 15 de xaneiro e o 15 de maio de 2015, inclusive. En maio de 2015 o xurado decidirá os tres equipos gañadores.
Os equipos participantes poderán enviar as súas fotografías entre xaneiro de 2015 e abril de 2015. Estas fotografías pódense enviar en calquera momento entre o día 16 do mes (a partir das 00:01, hora de Europa Central) e o último día do mes (ata as 23:59, hora de Europa Central). Poderase votar durante o período comprendido entre o primeiro día e o día 15 de cada mes. Durante o período de votación, non se poderán enviar fotografías.
As votacións poderanse realizar dende o primeiro día do mes (a partir das 00:01, hora de Europa Central) ata o día 15 do mes (ás 23:59, hora de Europa Central).
Os gañadores mensuais anunciaranse na páxina web durante a semana posterior á votación.
Os tres equipos gañadores finais do concurso faranse públicos na páxina web o 25 de maio de 2015.

Os participantes deben ser cidadáns e residentes dun dos 28 Estados membros da UE.
As fotografías deberán envialas equipos de tres persoas. Os compoñentes do equipo deberán ter unha idade comprendida entre os 13 e os 18 anos a finais de setembro de 2015. Non poderán participar persoas a título individual. Os equipos deben contar cun mínimo de dúas rapazas.

Estadías emprendedoras en febreiro e marzo con Xuventude Promete

O 9 de febreiro remata o prazo de inscrición no programa Xuventude Promete, que pretende fomentar o emprendemento e o autoemprego no colectivo xuvenil de 14 a 18 anos con estadías de tres días de duración no albergue Lug2, nos meses de febreiro e marzo. Esta actividade ten unha compoñente multidisciplinar e pretende axudarlles aos participantes a descubrir e incentivar a súa vocación e talento, utilizando a educación non formal. Os participantes, baseándose no seu proxecto persoal, poderán experimentar e crear. Con estas ferramentas, preténdese que as estadías sexan un espazo cristalizador de vocacións. Os métodos desta iniciativa baseanse no lema de ‘aprender facendo’ e terá un especial protagonismo a colaboración e a interacción. Busca tamén desenvolver aspectos como o sentido crítico ou a capacidade de reacción ante un fracaso. Xuventude Promete conta con dúas modalidades de participación: a individual e a de centros escolares, para alumnado de ESO, Bacharelato ou ciclos de grao medio, cun tope de oito prazas por centro

martes, 3 de febreiro de 2015

Bolsas para participar no Instituto Benjamin Franklin 2015 nos EE.UU.

  A embaixada dos Estados Unidos en España selecciona un ou dous estudantes españois, con idades de entre 16 a 18 anos, para participar nos Institutos de Verán Benjamin Franklin, cos que buscan promover as relacións entre as novas xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos.
  Os estudantes seleccionados participarán nun programa intensivo enfocado nos asuntos globais aos que se enfrontan os mozos e mozas a ambos lados do Atlántico. Levarán a cabo unha gran variedade de actividades como son seminarios, viaxes de estudo e programas de servizo comunitario.

  Se queres coñecer máis sobre esta noticia consulta a páxina seguinte: http://spanish.madrid.usembassy.gov/es/educacion/bf2015.html

luns, 2 de febreiro de 2015

Comezamos os Colmeiro!

Somos os correspondentes do Colmeiro. Esta é a plataforma que imos utilizar a partir de agora para irvos poñendo información das numerosas actividades culturais, deportivas...