A Plataforma Proyecta, desenvolvida pola Fundación Amancio Ortega Gaona e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, convoca o II Concurso "Proyecta - Innovación Educativa" do curso 2014-2015.
O obxectivo é promover a renovación dos métodos de traballo que se utilizan actualmente nas aulas de ensino preuniversitario do sistema educativo en Galicia. Para iso, o Concurso Proyecta premiará proxectos educativos que impulsen a innovación e para cuxa implantación sexa necesaria a utilización das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación).
Poderá participar no concurso calquera centro escolar de Galicia (incluída os de Educación Especial) que imparta todas ou algunha das etapas educativas preuniversitarias
O prazo de inscrición é ata o 17 de abril de 2015.
Ningún comentario:
Publicar un comentario