mércores, 4 de febreiro de 2015

A ciencia é cousa de rapazas

2015lacienciaescosadechica

O concurso fotográfico "Que significa para ti a ciencia?" terá lugar entre o 15 de xaneiro e o 15 de maio de 2015, inclusive. En maio de 2015 o xurado decidirá os tres equipos gañadores.
Os equipos participantes poderán enviar as súas fotografías entre xaneiro de 2015 e abril de 2015. Estas fotografías pódense enviar en calquera momento entre o día 16 do mes (a partir das 00:01, hora de Europa Central) e o último día do mes (ata as 23:59, hora de Europa Central). Poderase votar durante o período comprendido entre o primeiro día e o día 15 de cada mes. Durante o período de votación, non se poderán enviar fotografías.
As votacións poderanse realizar dende o primeiro día do mes (a partir das 00:01, hora de Europa Central) ata o día 15 do mes (ás 23:59, hora de Europa Central).
Os gañadores mensuais anunciaranse na páxina web durante a semana posterior á votación.
Os tres equipos gañadores finais do concurso faranse públicos na páxina web o 25 de maio de 2015.

Os participantes deben ser cidadáns e residentes dun dos 28 Estados membros da UE.
As fotografías deberán envialas equipos de tres persoas. Os compoñentes do equipo deberán ter unha idade comprendida entre os 13 e os 18 anos a finais de setembro de 2015. Non poderán participar persoas a título individual. Os equipos deben contar cun mínimo de dúas rapazas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario