Os nosos nenos e maiores desfrutaron dunha gran xornada carnavalesca comezada ás catro co inicio do desfile de Entroido. Ademais, ás seis, tivo lugar o Encontro de Campesiños e o Alto dos Xenerais.
Á noite, todos os presentes puideron disfrutar dun gran baile de disfraces con premios.
¡Pero isto só acaba de comezar, pois o vindeiro 13 de Febreiro continuaremos coa festa en Silleda, Parada, Bandeira e Lamela que festexarán o entroido con diversos actos lúdicos!
Pero, como decidirse? pois para iso vos achegamos sen demora unhas pequenas pinceladas dos acontecementos de cada lugar.
Pero, tranquilos, non nos olvidamos dos cativos, pois o sábado 14, ás cinco da tarde o Pabellón Municipal César González acollerá unha divertida festa infantil de Entroido, con animación, xogos, sorteo de regalos para os asistentes e por suposto... a merenda gratis que non falte!
O 14 de Febreiro, na parroquia de Parada, celebrarase o Entroido cun gran baile de máscaras que terá lugar no Local Social. Os asistentes a este evento poderán disfrutar a partir das dez da noite dunha gran velada onde ademáis haberá degustación de postres típicos de Entroido elavorados polos veciños, acompañados dunha gran chocolatada. Como perdérnolo?
O sábado 14, a partir das doce e media dará comezo a presentación dos cabezudos da Bandeira, que percorrerá o mesmo itinerario da Gran Vellada.
Os cabezudos estarán acompañados durante o seu percorrido pola músia dos homes sen medo.
Pola tarde, ás catro, terá lugar o non pouco coñecido Desfile de Disfraces, que ás cinco, dará paso ao inicio do Alto Infantil, que levarán a cabo cativos do colexio local.
Acto seguido, terá lugar o Alto dos Xenerais.
E xa á noitiña, a partir das dez, o Pabellón da Bandeira acollerá unha gran velada musical a cargo dos duos Azahar e Manhatann.
E, finalmente, o Luns 16, a partires das cinco os máis pequenos poderán disfrutar no Centro Cultural Vista Alegre dunha gran festa infantil.
Esperamos que vos servise de axuda, e agora, felices festas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario