martes, 17 de marzo de 2015

Actividades de formación en lingua inglesa

IDIOMAINGLESA Consellería de Educación convcoca axudas para realizar as actividades de formación en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sustentados con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2015.
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2015.
Requisitos:
a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2014/15, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2013/14.
c) Ter acadado no curso 2013/14 e na área ou materia de lingua inglesa, unha cualificación mínima deBen no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de ESO, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de ESO e de bacharelato.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es co procedemento ED504B
O prazo para presentar solicitudes estrará aberto ata o 16 de abril de 2015.
Máis información en www.edu.xunta.es/axudasle e tamén no DOG do 16 de marzo de 2015.

Programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España

idiomasinmersionO Ministerio de Educación convoca 2.000 bolsas para a estanza e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, durante o mes de xullo de 2014.
Requisitos:
a) Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1995 e o 31 de decembro de 1998 e estar matriculado no curso 2014-2015 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
Bacharelato
Ensinanzas profesionais de música e danza
Grao medio de Formación Profesional
Grao medio de artes plásticas e deseño
Grao medio de ensinanzas deportivas
Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.

b) Ter obtido no curso 2014-2015 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación
c) Todos os solicitantes deberán acreditar ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés.
A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na direcciónhttps://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.
O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 11 de abril de 2015.
Máis información no BOE do 16 de marzo de 2015 e en www.educacion.es

Concurso de redacción de ensaios para estudantes e Foro Mundial da Xuventude 2015

Comparte as túas ideas e faite escoitar... Quizais ata no Salón da Asemblea Xeral das Nacións Unidas!
Setenta estudantes serán seleccionados como delegados do Foro Mundial da Xuventude 2015, parte da iniciativa Impacto Académico das Nacións Unidas, onde elaborarán plans de acción relacionados coa axenda mundial das Nacións Unidas para o desenvolvemento despois de 2015. Os estudantes presentarán estes plans de acción na Sede das Nacións Unidas, situada en Nova York.
ELS Educational Services, Inc. facilitará o billete de avión, o aloxamento e a comida.
Normas de participación:
Redacta un ensaio (2.000 palabras ou menos) relacionado coa axenda mundial para o desenvolvemento post-2015, no contexto do 70º aniversario das Nacións Unidas, e unha definición de novos obxectivos que reflictan a necesidade dun desenvolvemento mundial sostible que recoñeza e aproveite a diversidade cultural e lingüística. Invitámoste a consultar o sitio web http://www.un.org/es/development/desa/development-beyond-2015.html  para obter material de referencia sobre o tema.
Os traballos poden presentarse ata o 25 de marzo de 2015

D3mobile. Campionato Internacional de Modelado 3D

2015d3mobileDurante o transcurso de Campionato realizaranse tres exercicios obrigatorios que farán uso de programas específicos gratuítos e de Internet. O primeiro dos exercicios está orientado á formación dos escolares, mentres que os dous seguintes serán cualificables de cara á consecución do premio final.

Os obxectivos principais do Campionato serán simular e estimular a capacidade investigadora dos escolares para que reflexionen sobre a súa importancia na resolución dos problemas do noso ámbito e a importancia da toma de decisións sobre a base da análise dos resultados obtidos nun proceso experimental.

A inscrición formalizarase en dúas partes. A primeira realizarase directamente a través da páxina Web oficial do Campionato: http://www.d3mobile.es/. E a segunda, a través da páxina oficial do programa Autodesk 123 D Catch (http://www.123dapp.com/catch).
O rexistro na páxina do software non está limitado no tempo, pero é requisito para a descarga do 123D Catch e outras funcionalidades.

Poderán participar neste Campionato todos os alumnos de Centros de Ensino de calquera país do mundo, con idades comprendidas entre os 15 e 17 anos.

venres, 6 de marzo de 2015

O vindeiro sábado día 14 o teatro volve ser protagonista en Silleda



 Dende a Concellería De Cultura Silleda, e tamén para conmemorar o Día do Teatro, que se celebra o día 27 deste mes de marzo, programouse a representación de D.E.P. Unha comedia de Morte, o novo espectáculo de Malasombra Producciones.

A cita será ás 21.00 horas no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira, con entrada libre. Esta comedia, escrita por Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez, está protagonizada polos actores Xoque Carbajal, Josue García e Patricia Rodríguez.