martes, 17 de marzo de 2015

Actividades de formación en lingua inglesa

IDIOMAINGLESA Consellería de Educación convcoca axudas para realizar as actividades de formación en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sustentados con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2015.
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2015.
Requisitos:
a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2014/15, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2013/14.
c) Ter acadado no curso 2013/14 e na área ou materia de lingua inglesa, unha cualificación mínima deBen no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de ESO, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de ESO e de bacharelato.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
As solicitudes poden descargarse de https://sede.xunta.es co procedemento ED504B
O prazo para presentar solicitudes estrará aberto ata o 16 de abril de 2015.
Máis información en www.edu.xunta.es/axudasle e tamén no DOG do 16 de marzo de 2015.

Ningún comentario:

Publicar un comentario