martes, 17 de marzo de 2015

Concurso de redacción de ensaios para estudantes e Foro Mundial da Xuventude 2015

Comparte as túas ideas e faite escoitar... Quizais ata no Salón da Asemblea Xeral das Nacións Unidas!
Setenta estudantes serán seleccionados como delegados do Foro Mundial da Xuventude 2015, parte da iniciativa Impacto Académico das Nacións Unidas, onde elaborarán plans de acción relacionados coa axenda mundial das Nacións Unidas para o desenvolvemento despois de 2015. Os estudantes presentarán estes plans de acción na Sede das Nacións Unidas, situada en Nova York.
ELS Educational Services, Inc. facilitará o billete de avión, o aloxamento e a comida.
Normas de participación:
Redacta un ensaio (2.000 palabras ou menos) relacionado coa axenda mundial para o desenvolvemento post-2015, no contexto do 70º aniversario das Nacións Unidas, e unha definición de novos obxectivos que reflictan a necesidade dun desenvolvemento mundial sostible que recoñeza e aproveite a diversidade cultural e lingüística. Invitámoste a consultar o sitio web http://www.un.org/es/development/desa/development-beyond-2015.html  para obter material de referencia sobre o tema.
Os traballos poden presentarse ata o 25 de marzo de 2015

Ningún comentario:

Publicar un comentario