mércores, 4 de febreiro de 2015
Estadías emprendedoras en febreiro e marzo con Xuventude Promete
O 9 de febreiro remata o prazo
de inscrición no programa Xuventude
Promete, que pretende
fomentar o emprendemento
e o autoemprego no colectivo
xuvenil de 14 a 18 anos con estadías
de tres días de duración
no albergue Lug2, nos meses de
febreiro e marzo.
Esta actividade ten unha
compoñente multidisciplinar e
pretende axudarlles aos participantes
a descubrir e incentivar
a súa vocación e talento, utilizando
a educación non formal.
Os participantes, baseándose
no seu proxecto persoal, poderán
experimentar e crear. Con
estas ferramentas, preténdese
que as estadías sexan un espazo
cristalizador de vocacións.
Os métodos desta iniciativa
baseanse no lema de ‘aprender
facendo’ e terá un especial
protagonismo a colaboración e
a interacción. Busca tamén desenvolver
aspectos como o sentido
crítico ou a capacidade de
reacción ante un fracaso.
Xuventude Promete conta con
dúas modalidades de participación:
a individual e a de centros
escolares, para alumnado
de ESO, Bacharelato ou ciclos
de grao medio, cun tope de oito
prazas por centro
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario