sábado, 13 de xuño de 2015

Fin de curso, fin do voluntariado?

O curso escolar estase a rematar e con el o estrés das clases, dos exames e de tanto madrugar. Mais os correspondentes do Colmeiro de 1º de Bac de ciencias aínda temos unha visita por facermos xuntos. Deixamos as clases para que o noso próximo destino sexa o Albergue de Gandarío.


Situado en Bergondo, a 2km de Sada, conta coa disposición para a práctica de diversas actividades acuáticas. Ademais, cerca do albergue hai piscina, praia e distintas pistas (exteriores e interiores) para facer deporte. Polo tanto, nada mellor que compartir un fin de semana na compañía dos teus compañeiros de clase antes de comezar a ledicia do retiro do verán.







De todos modos, acabado o curso o voluntariado non ten por qué rematar, senón que os vindeiros anos poderemos continuar con el, disfrutando das moitas oportunidades que este nos ofreza.
Prometemos fotos da nosa estancia en Gandarío que, aínda que breve, penso que será divertida.
Bo fin de curso e feliz verán a todos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario