mércores, 24 de xuño de 2015

Fin de semana en Gandarío

Como vos prometemos, aquí están as fotos do noso fin de semana no albergue de Gandarío. As fotos non recollen toda a diversión deses tres días, mais son o que máis se achega. A experiencia foi inolvidable!










sábado, 13 de xuño de 2015

Fin de curso, fin do voluntariado?

O curso escolar estase a rematar e con el o estrés das clases, dos exames e de tanto madrugar. Mais os correspondentes do Colmeiro de 1º de Bac de ciencias aínda temos unha visita por facermos xuntos. Deixamos as clases para que o noso próximo destino sexa o Albergue de Gandarío.


Situado en Bergondo, a 2km de Sada, conta coa disposición para a práctica de diversas actividades acuáticas. Ademais, cerca do albergue hai piscina, praia e distintas pistas (exteriores e interiores) para facer deporte. Polo tanto, nada mellor que compartir un fin de semana na compañía dos teus compañeiros de clase antes de comezar a ledicia do retiro do verán.







De todos modos, acabado o curso o voluntariado non ten por qué rematar, senón que os vindeiros anos poderemos continuar con el, disfrutando das moitas oportunidades que este nos ofreza.
Prometemos fotos da nosa estancia en Gandarío que, aínda que breve, penso que será divertida.
Bo fin de curso e feliz verán a todos!

luns, 1 de xuño de 2015

Celebra o Día da Música con Carlos Núñez


Santiago de Compostela, 27 de Maio de 2015
A Cidade da Cultura celebrará o vindeiro 20 de xuño o Día da Música cun concerto moi especial en colaboración con Red Eléctrica: o gaiteiro Carlos Núñez, acompañado da súa banda e un nutrido grupo de amigos, renderalle tributo ao folclorista Alan Lomax.
O Museo Centro Gaiás será o escenario deste concerto co que un dos nosos gaiteiros máis  internacionais abriu os actos na Library of Congress de Washington, en homenaxe ao folclorista máis importante do século XX no centenario do seu nacemento: Alan Lomax.
Carlos Núñez, acompañado polo seu grupo e varios novos valores da nosa música, acompañarán en directo algunhas das máis sobranceiras gravación galegas de Lomax. A música estará acompasada por unha proxección coas fotos que o propio Lomax tomou en Galicia e pola lectura dos seus cadernos de notas, algúns –concretamente os que fan referencia a Galicia- aínda inéditos.
Entradas desde 8 euros
As entradas para o concerto xa están á venda no Punto On da Cidade da Cultura ou a través dewww.ataquilla.com (+gastos de xestión). A entrada na Zona B será de 8€ e a da Zona A de 10€. Como todos os espectáculos da Cidade da Cultura, existe un desconto para colectivos especiais (xubilados, desempregados, discapacitados, familias numerosas, estudantes e traballadores da USC e carné xove) que poden consultarse aquí. 
Ademais, os socios do Club Gaiás poderán facerse coa súa entrada cun 40% de desconto (6€ na Zona A e 5€ na Zona B). Tanto no Punto On como en www.ataquilla.com (+gastos de xestión) é posible facerse co bono 3x2 (tres entradas a prezo de dúas) e o bono 4x3 (catro entradas a prezo de tres). 
O folclorista máis importante do século XX
Alan Lomax foi un namorado da música de Galicia desde que a visitou cando se mudou a Europa nos anos 50 fuxindo da caza de bruxas anticomunista nos Estados Unidos. Grazas a el, produciuse unha das primeiras gravacións verdadeiramente universais baseadas en música galega: The Pan Piper do Sketches of Spain (1960) de Miles Davis, gravado orixinalmente por Lomax como Alborada de Vigo. 
Ademais, Lomax foi o primeiro en gravar a Muddy Waters e as súas gravacións de campo foron versionadas por Aaron Copland, Led Zeppelin, ou Johnny Cash. Ao igual que Carlos Núñez, Alan Lomax cría na conexión celta da música galega e tamén na importancia que para esta tivo o Camiño de Santiago. 
Pola súa banda, o galego Carlos Núñez está considerado internacionalmente como un músico extraordinario, dos máis serios e brillantes do mundo. Ao longo destes anos, leva vendidos 1.000.000 de discos no mundo, obtivo un Premio Ondas, dúas candidaturas en solitario aos Grammy latinos e galardóns en todo o mundo.
 

A Xunta destina 25.000 euros á organización dun encontro informático para máis de 1.000 mozos na Semana Verde


A conselleira de Traballo e o vicepresidente da Xunta asinaron un convenio para o desenvolvemento do evento
O Goberno autonómico considera necesario darlle á xuventude a posibilidade de ter un punto de referencia sobre as novas tecnoloxías 
 
  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o vicepresidente da Xunta e presidente do padroado da Fundación Semana Verde de Galicia, Alfonso Rueda, na sinatura do convenio
    A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o vicepresidente da Xunta e presidente do padroado da Fundación Semana Verde de Galicia, Alfonso Rueda, na sinatura do convenio
  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o vicepresidente da Xunta e presidente do padroado da Fundación Semana Verde de Galicia, Alfonso Rueda, na sinatura do convenio
    A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o vicepresidente da Xunta e presidente do padroado da Fundación Semana Verde de Galicia, Alfonso Rueda, na sinatura do convenio
Santiago, 30 de maio de 2015.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o vicepresidente da Xunta e presidente do padroado da Fundación Semana Verde de Galicia, Alfonso Rueda, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun encontro informático que prevé poida reunir a máis de 1.000 mozos e mozas durante varios días nesta localidade.
O departamento autonómico quere brindar así á xuventude unha oportunidade para intercambiar coñecementos e experiencias da sociedade da información e no manexo das novas tecnoloxías, dado que na actualidade o seu uso e coñecemento é imprescindible.
Este encontro informático terá lugar previsiblemente na segunda quincena de setembro na sede da Fundación Semana Verde en Silleda onde se desenvolveran distintas actividades lúdicas e formativas coas novas tecnoloxías e novos programas informáticos como protagonistas.
A vixencia do convenio estenderase ata o 15 de novembro de 2015, se ben poderán subvencionarse con cargo ao mesmo gastos relacionados directamente coa organización do evento desde o 1 de xaneiro deste ano.

luns, 25 de maio de 2015

Curso de Monitor de comedor escolar en Santiago de Compostela


PDFImprimir
monitorcomedorCruz Vermella de Santiago de Compostela convoca un curso de Monitor de comedor escolar.Datas: do 8 ao 15 de xuño de 2015
Lugar: Santiago de Compostela
Duración: 30 horas
Prezo: 100 €. 10% de desconto para desempregados, estudantes, socios ou voluntarios. 20% de desconto para desempregados de máis de 3 meses.

Máis información na Cruz Vermella de Santiago de Compostela, Av. Lugo s/n. Teléfono: 981 586 969 e en http://formacion.cruzvermella.org/curso/monitor-comedor-junio/

luns, 18 de maio de 2015

V Encontro de Artistas Novos

A Cidade da Cultura de Galicia convértese por quinto ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais. Será no V Encontro de Artistas Novos que se celebrará na Biblioteca e Arquivo de Galicia do 7 ao 11 de setembro de 2015.

 Coordinado por Rafael Doctor, o Encontro de Artistas Novos ‘Cidade da Cultura’ busca favorecer a convivencia entre artistas emerxentes galegos e procedentes doutros lugares, ademais de poñer en contacto aos participantes con outros axentes do sector como críticos, comisarios ou art followers. Unha edición máis, o Encontro traerá ao Gaiás artistas e creadores xa consolidados para compartir as súas experiencias e reflexións ao redor da arte: Menchu Lamas,Ana Laura AláezDamián UciedaEnrique Marty e Aitor Saraiba, ademais de críticos de arte, xornalistas e comisarios que desenvolverán o labor de 'art followers'. 
No Foro Aberto, cada un dos participantes terá a posibilidade de realizar unha presentación pública centrada no seu traballo e proxecto creativo persoal, servindo de plataforma e escaparate das súas creacións. A maiores, a Cidade da Cultura abre a posibilidade de que algúns dos participantes sexan elixidos para realizar unha intervención artística nas Torres Hejduk do complexo, convertindo esta infraestrutura nun lugar dedicado á arte e á creatividade.

Certame galego de Creadores Novos, Xuventude Crea 2015


A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias e moda
Se queres participar, aquí podes revisar as bases do certame

xuventudecrea2015

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 30 de xuño de 2015.



A quen vai dirixido?


Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2015.
Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.